Vista de Monte Louro dende San Marcos

miércoles, 13 de octubre de 2010

Clases de Aerobic

A partir da semana que vén, comezarán as clases de aerobic. Serán os luns e martes de 21:30 a 22:15. Tódolos interesados podedes apuntarvos ó longo desta semana. ¡A mover eses corpos!.

viernes, 1 de octubre de 2010

Clases de Pandereta

A partires desta fin de semana comezan as clases de pandereta, serán tódolos sábados ás sete da tarde. O prezo son 10 Euros por persoa ó mes. Se vos interesa, aínda estades a tempo de vos apuntar!.

miércoles, 8 de septiembre de 2010

Visita ornitolóxica á Lagoa de Louro

O vindeiro Domingo día 12 de Setembro ás 10:00 horas da mañá farase unha actividade de OBSERVACIÓN DE AVES NA LAGOA DE LOURO, co  motivo do movemento migratorio que está a suceder nestes días.
Todas as persoas interesadas en participar nesta actividade deben estar na Capela do Espiritu Santo ás 10 da mañá. É recomendable levar prismáticos e calzado adecuado.

sábado, 17 de julio de 2010

O Roteiro das Cacholas

Estamos a  traballar na creación dun Roteiro das Cacholas.  Con elo queremos fomentar unha actividade en contacto coa natureza a través de actividades de sendeirismo. O segundo obxectivo,  quizais máis importante, é recopilar e publicar as lendas e historias reais que as cacholas atesouran. En definitiva, eso que está tan de moda, que é poñer en valor estas rarezas da arquitectura natural.Comezaremos por catalogar e sinalizar as cacholas do monte do Campo das Cortes. Pensamos, que o roteiro ademais inclúa outros fitos significativos que se atopan nos nosos montes, coma cruceiros, fontes, capelas, muíños de vento e petroglifos. O segundo paso  será  desbrozar e limpar as inmediacións e os accesos , polo que temos bastante traballo por diante. Será benvida a axuda de voluntarios. Xa vos manteremos informados.


Presentación da Asociación O Rumial.

A Asociaciación O Rumial fundase no 2009. Nace coa intención de dinamizar a vida cultural e de ocio do rueiro do Campo das Cortes.
A fin da publicación deste blog é dar a coñecer as actividades que desenvolvemos, así coma ir ofrecendo información, artigos e entrevistas que poidan ser de interese para o conxunto dos veciños. Tamén nos gustaría, que este blog servise de nexo coa xente deste rueiro que por diversas circunstancias se atopa fóra, e a través dos comentarios e os artigos que publiquemos se poida sentir coma na casa.