Este vindeiro domingo día 13, faremos unha nova saída para a observación de aves. Desta volta iremos ó Encoro da Fervenza. Coma sempre, xuntarémonos no Espíritu Santo as 9:30 da mañá, para organizarnos nos coches e demais. Estaremos de volta á hora do xantar. Agardamos a vosa asistencia.
Aquí podedes ver algunha mostra de fotos sacadas en anteriores saídas ornitolóxicas.