Vista de Monte Louro dende San Marcos

viernes, 23 de septiembre de 2011

Asociación O Rumial: Clases de cerámica

Asociación O Rumial: Clases de cerámica: ASOCIACIÓN C.R.D.M. RUMIAL CLASES DE CERÁMICA · Torno e outras técnicas de elaboración de pezas · Grupos de 5 persoas · ...

jueves, 8 de septiembre de 2011

Clases de cerámica


ASOCIACIÓN C.R.D.M. RUMIAL

CLASES DE CERÁMICA



·      Torno e outras técnicas de elaboración de pezas
·      Grupos de 5 persoas
·      2 horas semanais de outubro a maio
·      As pezas elaboradas polos alumnos/as serán para eles
·      Prezo:12 € mes

Subvenciona: Deputación de A Coruña
Colabora: Concello de Muros

Inscripción no teléfono 607210488 (Manolo)

miércoles, 13 de julio de 2011

Recordo do noso amigo e compañeiro

Un nunca espera ter que escribir algo así. Pero por desgracia, a traxedia tocounos de perto e temos que chorar a desaparición do noso amigo Suso, un dos membros máis activos da nosa asociación. O sentimento de tristura e vacío non deixa máis que dicir, porque as palabras  non abondan. Simplemente, darlle moitos ánimos a María e a familia.

miércoles, 8 de junio de 2011

FESTAS DO ESPIRITU SANTO

Este ano as festas do Espíritu Santo celebraranse entre o 11 e 0 13 de xuño, o programa das festas será o seguinte:

SABADO 11 DE XUÑO:
  • 17:30 CARREIRA PEDESTRE. INTERESADOS CHAMAR ÓS TLF. 981 762 383 / 625 775 493
  • A PARTIRES DAS 22:00 VERBENA AMENIZADA POR BAKETAZOALTERKADO - KOLISIÓN FRONTAL - TERBUTALINA MORGAN E A ORQUESTRA VERANO AZUL.

DOMINGO 12 DE XUÑO:
  • 17:30 PARTIDO DE SOLTERIR@S CONTRA CASAD@S
  • 19:00 MISA SOLEMNE
  • AO REMATAR  MISA EXPOSICIÓN DE FOTOS ANTIGAS

LUNS 13 DE XUÑO:
  • MISAS ÁS 9:00, 10:00, 19:00 HORAS
  • A PARTIRES DAS 17:00 HINCHABLES GRATIS
  • ACTUACIÓN DO GRUPO PETER PUNK
  • ÁS 20:00  ACTUACIÓN DO GRUPO DE PANDERETEIRAS DA ASOCIACIÓN O RUMIAL
  • VERBENA AMENIZADA POLO GRUPO CACHÉ

martes, 8 de marzo de 2011

Saída Ornitolóxica

 Este vindeiro domingo día 13, faremos unha nova saída para a observación de aves. Desta volta iremos ó Encoro da Fervenza. Coma sempre, xuntarémonos no Espíritu Santo as 9:30 da mañá, para organizarnos nos coches e demais. Estaremos de volta á hora do xantar. Agardamos a vosa asistencia.





 Aquí podedes ver algunha mostra de fotos sacadas en anteriores saídas ornitolóxicas.

jueves, 24 de febrero de 2011

O Concello de Muros subvenciona a actividade das Clases de Pandereta

O Exmo. Concello de Muros concedeulle a Asociación O Rumial unha subvención para as clases de pandereta. Esta actividade vímola realizando dende a fin de semana do 02/10/2010.

miércoles, 16 de febrero de 2011

Unha nova actividade, colocamos niños para os paxaros.

Coma complemento da actividade anterior, aínda que sobor de árbores de maior tamaño, colocamos niños de madeira que nós mesmos fixemos. Coma podedes ver, están moi ben rematados.


A motivación desta actividade é por un lado favorecer que os paxaros aniñen, e por outro lado vainos a permitir facer un seguemento do aniñamento. Con esto queremos ensinarlle á nosa rapazada que o respecto pola natureza é moi importante, e coma sempre foron eles os protagonistas da actividade.


Agora só nos queda agardar a que ós paxariños lles gusten e que aniñen neles.

lunes, 7 de febrero de 2011

Tamén prantamos árbores

O mes pasado plantamos carballos no entorno da capela de San Marcos. Xa vos imaxinades que non é unha tarefa doada, pero dende logo merece a pena.




A maioría dos participantes foron os nenos. Xa vedes que son eles os que dan exemplo.


Despois do esforzo realizado a natureza preiounos con impresionantes vistas do atardecer sobre Montelouro.