Vista de Monte Louro dende San Marcos

sábado, 17 de julio de 2010

O Roteiro das Cacholas

Estamos a  traballar na creación dun Roteiro das Cacholas.  Con elo queremos fomentar unha actividade en contacto coa natureza a través de actividades de sendeirismo. O segundo obxectivo,  quizais máis importante, é recopilar e publicar as lendas e historias reais que as cacholas atesouran. En definitiva, eso que está tan de moda, que é poñer en valor estas rarezas da arquitectura natural.Comezaremos por catalogar e sinalizar as cacholas do monte do Campo das Cortes. Pensamos, que o roteiro ademais inclúa outros fitos significativos que se atopan nos nosos montes, coma cruceiros, fontes, capelas, muíños de vento e petroglifos. O segundo paso  será  desbrozar e limpar as inmediacións e os accesos , polo que temos bastante traballo por diante. Será benvida a axuda de voluntarios. Xa vos manteremos informados.


Presentación da Asociación O Rumial.

A Asociaciación O Rumial fundase no 2009. Nace coa intención de dinamizar a vida cultural e de ocio do rueiro do Campo das Cortes.
A fin da publicación deste blog é dar a coñecer as actividades que desenvolvemos, así coma ir ofrecendo información, artigos e entrevistas que poidan ser de interese para o conxunto dos veciños. Tamén nos gustaría, que este blog servise de nexo coa xente deste rueiro que por diversas circunstancias se atopa fóra, e a través dos comentarios e os artigos que publiquemos se poida sentir coma na casa.