Vista de Monte Louro dende San Marcos

miércoles, 10 de octubre de 2012

Magosto 2012

     Este sábado día 14 faremos o magosto, será as 18:30, cas suas correspondentes castañas.
 Aproveitando a reunión faremos xogos tadicionais, tales como a mariola, o pinchín, a petanca....podemos votarlle unhas regeifas e contar catro contos, a carón das ascuas. 
    Espero que todos vos animedes e pasemos unha bonita tarde, aqui vos deixo o cartel .


jueves, 4 de octubre de 2012

Subida Á Laxe de Moa

     Este Domingo día 7 de outubro, a asociación propón e organiza unha subida Á Laxe da Moa. A saida será desde Campo das Cortes as 9:30 E comenzaremos a subir sobre as 10 da mañá. Levaremos algo de comer , agua e calzado cómodo que non esbare.
      E unha subida moi interesante, é de unha gran riqueza paixasística,é un conxunto natural único, un auténtico edén de especimes naturais raramente visíbeis en ningunha outra parte do mundo. A xoia desta coroa é o Carballo Anano (Quercus lusitanica), especie distribuída polo sur da Península Ibérica .


     Esperemos que esta vez o tempo nos permita disfrutar da subida, e non teñamos que aplazala pola choiva., por agora os pronosticos pintan ben e parece que non haberá problemas para desfrutar dunha bonita mañan todos xuntos.