Vista de Monte Louro dende San Marcos

jueves, 1 de noviembre de 2012

Recollida de Cogumelos

Como en ocasións anteriores este xoves si o tempo nolo permite sairemos a estudar ,comparar e si a ocasión o require coller algun cogumelo. Non arriscaremos a nosa saude , e máis esta encamiñado a que os nenos podan recoñecer algun dos máis básicos.
 A saida sera as 16:00 dende a Capela do Espíritu Santo.

Un saudo.

miércoles, 10 de octubre de 2012

Magosto 2012

     Este sábado día 14 faremos o magosto, será as 18:30, cas suas correspondentes castañas.
 Aproveitando a reunión faremos xogos tadicionais, tales como a mariola, o pinchín, a petanca....podemos votarlle unhas regeifas e contar catro contos, a carón das ascuas. 
    Espero que todos vos animedes e pasemos unha bonita tarde, aqui vos deixo o cartel .


jueves, 4 de octubre de 2012

Subida Á Laxe de Moa

     Este Domingo día 7 de outubro, a asociación propón e organiza unha subida Á Laxe da Moa. A saida será desde Campo das Cortes as 9:30 E comenzaremos a subir sobre as 10 da mañá. Levaremos algo de comer , agua e calzado cómodo que non esbare.
      E unha subida moi interesante, é de unha gran riqueza paixasística,é un conxunto natural único, un auténtico edén de especimes naturais raramente visíbeis en ningunha outra parte do mundo. A xoia desta coroa é o Carballo Anano (Quercus lusitanica), especie distribuída polo sur da Península Ibérica .


     Esperemos que esta vez o tempo nos permita disfrutar da subida, e non teñamos que aplazala pola choiva., por agora os pronosticos pintan ben e parece que non haberá problemas para desfrutar dunha bonita mañan todos xuntos.

jueves, 30 de agosto de 2012

Clases de Aerobic

Estimados soci@s, como xa vos tiñamos  comunicado víñanse impartindo  clases de aerobic os martes e xoves. Pois ben,  a partires do mes de setembro Lola só podera vir os martes, polo que a clase dos xoves correrá pola nosa conta tentar facer algo de exercicio para non perder a forma.
 
 Agradeceriamos que  confirmasedes todos os que estades interesados en seguir asistindo as clases .
 
 Un saudo.

Clases de Pandeireta, Gaita,Cunchas e Tarrañolas

Estimados soci@s, despois de este mes de vacacións reanúdanse as clases de pandeireta , gaita, tarrañolas e cunchas.
 
Os horarios das clases quedan como estaban ,os mércores :
 
    - 7 da tarde os nenos
                                                                                                         
    -  8 da tarde, clases de gaita
                                                                                                        
    - 9 da tarde pandeireta  .  
 
Un saudo a directiva. 


lunes, 13 de agosto de 2012

5ª Fiada da Area en Esteiro

Pois ahí estamos , o Grupo de cantareir@s Rumial do Campo das Cortes fumos a cantar a Esteiro.
Era a 5ª Fiada da Area que se realizaba e a que fumos convidados, pasámolo moi ben , houbo momentos en que fixemos cantar a todolos veciños de Esteiro.
Deixamosvos unhas fotos da actuación.
 






 

lunes, 16 de julio de 2012

Grupo de pandereteir@s‏

Queremos darlle as grazas o grupo de gaitas LONGARELA por deixar os alumnos de gaita da asociacion poder participar na actuacion celebrada o sabado en Louro.
Deixamosvos algunhas fotos  




1ª Fouleada Campo das Cortes

Un gran éxito de Fouleada, en breve subiremos as fotos.

miércoles, 11 de julio de 2012

Muros Mira ó Mar

A Asociación do Rumial tamén participou no evento Muros Mira ó Mar, aqui deixamos algunhas fotos.




jueves, 28 de junio de 2012

Cociña tradicional

Este domingo dia 1 recibiremos unhas clases de cociña tradicional. Maruja enseñaranos a preparar o escabeche o "xeito de antes " si vos animades facédenolo saber para quedar , a hora está sen confirmar.

Sardiñada no Espiritu Santo

Poñemos algunhas fotos do indispensable da "sardiñada" / Churrascada de San Xoán que celebramos no Espíritu Santo.

Os cociñeiros
 Parece que a comida estaba boa!!!
 Os nenos
 Os nenos animando a larada!!
E como non... A Larada!!!

sábado, 16 de junio de 2012

Pesca das Barbadas

Querendo aprender o que no seu momento foi algo tan común como ir pescar as
barbadas, este domingo liamos a Francisco, Joaquín e Onésimo para que nos
deran unhas clases de pesca.
Pola mañán Francisco, por ser o mais veterano enseñounos a cortar e
enguadar a carnada, que tipo de peixe se usa e que  as varas que se
necesitan.
As 5 da tarde fumos asta as Bousas , debaixo do mirador, que polas
condicións climatoloxicas Joaquín recomendounos que era o mellor sitio. Os
nenos e os non tan nenos pasamos unha tarde moi entretida , ainda que a
pesca soló foi unha barbada, que por certo lla demos a abuela Tona como
quen lle leva un trofeo.








Fotos III Carreira Festas do Espíritu Santo

Colgamos algunhas fotos da carreira


















Gracias a todos por participar e esperamos vernos o ano que ven de novo