Vista de Monte Louro dende San Marcos

jueves, 24 de febrero de 2011

O Concello de Muros subvenciona a actividade das Clases de Pandereta

O Exmo. Concello de Muros concedeulle a Asociación O Rumial unha subvención para as clases de pandereta. Esta actividade vímola realizando dende a fin de semana do 02/10/2010.

miércoles, 16 de febrero de 2011

Unha nova actividade, colocamos niños para os paxaros.

Coma complemento da actividade anterior, aínda que sobor de árbores de maior tamaño, colocamos niños de madeira que nós mesmos fixemos. Coma podedes ver, están moi ben rematados.


A motivación desta actividade é por un lado favorecer que os paxaros aniñen, e por outro lado vainos a permitir facer un seguemento do aniñamento. Con esto queremos ensinarlle á nosa rapazada que o respecto pola natureza é moi importante, e coma sempre foron eles os protagonistas da actividade.


Agora só nos queda agardar a que ós paxariños lles gusten e que aniñen neles.

lunes, 7 de febrero de 2011

Tamén prantamos árbores

O mes pasado plantamos carballos no entorno da capela de San Marcos. Xa vos imaxinades que non é unha tarefa doada, pero dende logo merece a pena.




A maioría dos participantes foron os nenos. Xa vedes que son eles os que dan exemplo.


Despois do esforzo realizado a natureza preiounos con impresionantes vistas do atardecer sobre Montelouro.