Vista de Monte Louro dende San Marcos

jueves, 28 de junio de 2012

Cociña tradicional

Este domingo dia 1 recibiremos unhas clases de cociña tradicional. Maruja enseñaranos a preparar o escabeche o "xeito de antes " si vos animades facédenolo saber para quedar , a hora está sen confirmar.

Sardiñada no Espiritu Santo

Poñemos algunhas fotos do indispensable da "sardiñada" / Churrascada de San Xoán que celebramos no Espíritu Santo.

Os cociñeiros
 Parece que a comida estaba boa!!!
 Os nenos
 Os nenos animando a larada!!
E como non... A Larada!!!

sábado, 16 de junio de 2012

Pesca das Barbadas

Querendo aprender o que no seu momento foi algo tan común como ir pescar as
barbadas, este domingo liamos a Francisco, Joaquín e Onésimo para que nos
deran unhas clases de pesca.
Pola mañán Francisco, por ser o mais veterano enseñounos a cortar e
enguadar a carnada, que tipo de peixe se usa e que  as varas que se
necesitan.
As 5 da tarde fumos asta as Bousas , debaixo do mirador, que polas
condicións climatoloxicas Joaquín recomendounos que era o mellor sitio. Os
nenos e os non tan nenos pasamos unha tarde moi entretida , ainda que a
pesca soló foi unha barbada, que por certo lla demos a abuela Tona como
quen lle leva un trofeo.








Fotos III Carreira Festas do Espíritu Santo

Colgamos algunhas fotos da carreira


















Gracias a todos por participar e esperamos vernos o ano que ven de novo


martes, 5 de junio de 2012

Actividades Mes de Xuño‏

Actividades do mes de Xuño da asociación:
       
                    -  Mércores día 6 empezaremos as clases de aerobic, si algún/a se anima ainda está a tempo. Serán 2 días a seman. 
   
                     - Domingo día 10 , pola mañá teremos unhas clases teóricas de como se pescan as barbadas, peixes que se atopan nas pedras .E pola tarde e dependendo da marea que seguramente sexa sobre as 4 da tarde,iremos As bousas " e intentaremos pescar algunha.
 
                   - O día 17 , subida a Laxe da Moa.
 
                   - O día 23 , Sardiñada de San Xoan.
 
                  E por último recordarvos que seguimos cas clases de pandeireta de nenos e adultos durante o vran.
 
Un saudo a directiva.