Vista de Monte Louro dende San Marcos

lunes, 10 de junio de 2013

Este ano 2013 dentro da programación de festas do Espírito Santo de Campo de Cortes, en Muros a ACRDM O Rumial incorporou "I Rali Fotográfico" que arrancou o domingo 12 de maio. Un evento que é froito das gañas de mellorar e incorporar temas culturais a programación de festas, que continuaron a golpe de verbena os vindeiros 18 e 19 de maio.
 
O Rali estuvo estructurado en tres categorías, a saber: Reflex, Compacta e unha especial por edades entre 0 – 14 anos. Tendo en conta as categorías está claro que ninguén quedou fora.

O inicio do Rali foi as 10:00 da mañá na porta da Capela do Espíritu Santo onde se fixo entrega de credenciais e posterior ruta por Campo de Cortes, recorrendo todos os lugares que fan distinto esta zona de Muros, visitamos Santa Cruz, San Marcos, O Rumial e unha volta por todo o lugar para rematar  de novo no Espírito Santo.

Esta iniciativa tivo un éxito total ca participación dun  total de 43 fotógrafos que enviaron 308 imaxes, sendo 122 da categoría réflex, 59 de cámaras compactas , 64 de categoría especial de series, e 63 de menores de 14 anos , o que dá conta que a canteira fotográfica de Muros está ben traballada.

 Un dos fotógrafos colaboradores na organización do evento foi Mino Andrade, fotógrafo local afincado en Compostela que acaba de expoñer en Muros o seu proxecto “unha equipaxe de volta”, participa na exposición FotoforumCompostela na Facultade de CC Comunicación, fotógrafo do evento Atlántica 2013, etc.
 
 
 
 
Estas imaxes foron expostas antes do rali para animar os futuros concursantes.
Mino que non perdeu nin un instante os compañeiros e amigos que disfrutaban do evento.
 
 
 
 
 
 
 
Paseo de concursantes , na Fonte das Preñadas, na capela de San Marcos, en santa Cruz....
Os bancos do exterior da Capilla do Espiritu Santo fotografiados por Mino Andrade que despois deron xogo nas series presentadas.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
E xa a mediodía disfrutamos duns pinchos e mollámola gorxa ,que as temperaturas tamén nos acompañaron.   CATEGORIA REFLEX http://www.youtube.com/watch?v=z13F6lIHX9o&feature=em-share_video_user                                                                    CATEGORIA MENORES DE 14 ANOS, " OS MELLORES "http://www.youtube.com/watch?v=9XVhtKKMRSM   
 SERIES  ESPECIALES:http://www.youtube.com/watch?v=1EluJooaJt0                   COMPACTA  http://www.youtube.com/watch?v=eolFFE1zHkc                             
RESULTADAS I RALI FOTOGRÁFICO FESTAS DO ESPIRITU SANTO http://www.youtube.com/watch?v=9a53BaAWq34
 
Non deixedes de mirar os videos son fantásticos !!!!!!!
NORABOA A TODOS !!!!!!
Foi un evento super gratificante rodeado dun ambiente moi agradable e familiar . Gracias a todos .
 
Trofeo dos gañadores 

No hay comentarios:

Publicar un comentario